Búsqueda avanzada

Un lume azul

Autor/es:

Un lume azul

Sinopsis
Esta novela é a historia dos corpos sen vida.
Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha.
Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, " Un lume azul " é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.

Biografía del autor:

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do Galicia , por Castelao (1997), ao que seguiu a crónica Viva o Fu Remol! (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: Os fillos do mar (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; A memoria da choiva (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015); Os fillos do lume (Xerais, 2017); Sen piedade (Xerais, 2018); Un lume azul (Xerais, 2019) e Ninguén contará a verdade (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros Camiñar o Vigo vello (Xerais, 2018) e Pequena historia de Vigo (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Autor da foto: Xurxo Lobato

Editorial EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

Fecha publicación 21-11-2019

Edición : 1

Número de páginas : 576

ISBN : 978-84-9121-615-5

Tamaño:  155 x 230