Búsqueda avanzada

Os fillos do lume

Autor/es:

Os fillos do lume

Sinopsis
Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.
Regresan os personaxes de " Os fillos do mar " , a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.

Biografía del autor:

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do Galicia , por Castelao (1997), ao que seguiu a crónica Viva o Fu Remol! (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: Os fillos do mar (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; A memoria da choiva (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015); Os fillos do lume (Xerais, 2017); Sen piedade (Xerais, 2018); Un lume azul (Xerais, 2019) e Ninguén contará a verdade (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros Camiñar o Vigo vello (Xerais, 2018) e Pequena historia de Vigo (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Autor da foto: Xurxo Lobato

Editorial EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

Fecha publicación 15-06-2017

Edición : 1

Número de páginas : 504

ISBN : 978-84-9121-231-7

Tamaño:  145 x 220