Búsqueda avanzada

Sen piedade

Autor/es:

Sen piedade

Sinopsis
Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. Neno, o que ti necesitas é unha boa festa , dixera. E así foi como decidimos tomar prestado o coche do vello, un impresionante Dodge Charger do 68, e botarnos á estrada nunha viaxe feroz. A tumba aberta. Sen coidado nin precaución, sen tregua, sen límites. Sen piedade.

Biografía del autor:

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do Galicia , por Castelao (1997), ao que seguiu a crónica Viva o Fu Remol! (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: Os fillos do mar (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; A memoria da choiva (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015); Os fillos do lume (Xerais, 2017); Sen piedade (Xerais, 2018); Un lume azul (Xerais, 2019) e Ninguén contará a verdade (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros Camiñar o Vigo vello (Xerais, 2018) e Pequena historia de Vigo (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Autor da foto: Xurxo Lobato

Editorial EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

Fecha publicación 07-06-2018

Edición : 1

Número de páginas : 248

ISBN : 978-84-9121-400-7

Tamaño:  155 x 230