Búsqueda avanzada

Ninguén contará a verdade

Autor/es:

Ninguén contará a verdade

Sinopsis
Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.
Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación...
Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, a máquina de verdade , como lle chaman.
A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder.
Ninguén contará a verdade , de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva.
Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.

Biografía del autor:

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro Cousas do Galicia , por Castelao (1997), ao que seguiu a crónica Viva o Fu Remol! (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: Os fillos do mar (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; A memoria da choiva (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; Morena, perigosa e románica (Xerais, 2015); Os fillos do lume (Xerais, 2017); Sen piedade (Xerais, 2018); Un lume azul (Xerais, 2019) e Ninguén contará a verdade (Xerais, 2023), Premio Xerais de Novela. Ademais, publicou os libros Camiñar o Vigo vello (Xerais, 2018) e Pequena historia de Vigo (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.
Autor da foto: Xurxo Lobato

Editorial EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A.

Fecha publicación 05-10-2023

Edición : 1

Número de páginas : 632

ISBN : 978-84-1110-432-6

Tamaño:  225 x 155

Idioma: Gallego